Sunday 05 de May de 2024

Clausura do II Campus de Verán do C.P. Galia


Un total de 120 patinadores e patinadoras de niveis rexional e nacional entre os 8 e os 20 anos de idade participaron a pasada fin de semana no II Campus de Verán do C.P. Galia. Organizado polo Concello de Ordes en colaboración co de Oroso, o campus contou coa intervención de varios patinadores internacionais pertencentes á selección española como Lucas Yáñez, Unai Cereijo ou Manuel Vila. Tamén formaron parte del Rosa García, adestradora da selección española, ademais da nacional Natalia Naya.

Entre os obxectivos fixados para esta actividade figuraron os de mellorar a velocidade, forza e flexibilidade; estimular a coordinación a través de diferentes metodoloxías; promover valores de tolerancia, xogo limpo e autoestima ou potenciar a autonomía.

Os clubs que formaron parte do campus foron: C.P. Oroso, C.P. Galia (Ordes), C.P. Brión, E.E. Lubiáns (Carballo), C.P. Conxuro (A Laracha), C.P. Omega (Ames), C.P.A. Boiro, C.P.A. Maxia (A Coruña), C.P. Oleiros (A Coruña), C.P. Buxaina (Ferrol), C.P. Valladares (Vigo), C.P. Gondomar (Vigo), C.P. Castrelos (Vigo), C.P. Coruxo (Vigo), C.P. Arroyo (Valladolid) e C.P. Zaratán (Valladolid).

Tanto o alcalde de Ordes como a concelleira de Deportes, José Luis Martínez Sanjurjo e Ana Soneira, así como o edil orosino Antonio Leira, acompañaron a todas as persoas inscritas na xornada de clausura.